Posicionamento
O Bono Iacobus nace para apoiar a promoción e comercialización de paquetes turísticos no medio rural de Galicia ligados ás distintas rutas de peregrinación denominadas Camiños de Santiago.
Mediante o Bono Iacobus, o usuario pode realizar o camiño Xacobeo de Santiago Fisterra/Muxía asegurándose o descanso ó final de cada unha das cinco etapas das que consta o recorrido.
Cinco encantadores establecemientos rurais onde recollerse, descansar e repor forzas a para afrontar cada unha das etapas nas que se dividen os 134 kilómetros dun entorno de incomparable belleza e marcada autenticidad.
Deste xeito, o Bono Iacobus constitúese coma un produto ideal para fusionan dúas ofertas con esencias diferenciadas: Turismo rural e Peregrinaxe polo Camiño de Santiago.
Comunicación
Expostas as tipoloxías dos posibles públicos obxectivos do Bono Iacobus, a súa comunicación estableceuse tras analizar tres alternativas de eixes en función das posibles orientacións que se lle podían dar á súa comercialización:
Orientación cara o usuario tipo do turismo rural: Ás virtudes xa asimiladas ao termo Turismo Rural engádense os valores suxeridos polo Camiño de Santiago:
Turismo Rural no Camiño
Orientación cara os suxetos susceptibles de realizar unha peregrinación: Trátase de manter a esencia da peregrinaxe, do camiñar, engadíndolle o plus da comodidade proporcionada polo turismo rural, que contribúe a unha despreocupación con respecto á consecución de un lugar onde descansar unha vez finalizada a etapa diaria:
Só Camiña
Orientación cara ambos públicos: Trátase de suxerir aspectos valorados indistintamente polos dous tipos de público: o contacto directo coa natureza, o interese en desfrutar da paisaxe, a tranquilidade do lugar, o alonxamento do barullo e o caracter único de unha experiencia como a de facer o camiño:
Camiña, Sinte. Descansa

