Posicionamento
Cando comezamos a traballar con Seguridade A1, hai xa catro anos, analizamos a situación dun mercado no que daquela algúns nichos xa estaban saturados e a entrada de competidores nacionais e internacionais con liñas de negocios diversas estaba modificando a estrutura do mercado.
Este aspecto, unido á experiencia acumulada de Seguridade A1, unha rede de clientes xa consolidada que demandaba máis servizos e unha filosofía de empresa que nunca descartou ampliar a gama de produtos e servizos, propiciou a evolución de Seguridade A1 cara a empresa de servios globais de seguridade.
Daquela xa dispoñóan de tres liñas de produtos/servizos: contra incendios, seguridade electrónica, seguridade activa e seguridade pasiva, ás que se sumarían outras como telecomunicacións, enxeñería de proxectos e sistemas de detección. Ante esta nova situación, era imprescindible relanzar a imaxe da empresa e adaptala á nova realidade.
Comunicación
O eixe de comunicación debía reflectir a globalidade dunha misión que abarcaba múltiples servizos e produtos. Mediante "Sempre Alerta" conseguíase reflectir a atención permanente ao cliente e a capacidade de proporcionarlle solucións eficaces en todos os ámbitos da seguridade.
No ámbito da identidade corporativa, a evolución da empresa tamén debía verse reflectida nunha evolución do seu logotipo, que debería transmitir sensación de seguridade, robustez e capacidade.
En relación coa unidade de negocio de Seguridade Activa, a sensación de dispoñibilidade inmediata e atención permanente tiñan que reflectirse mediante unha liña de deseño que, especialmente en soportes como os vehículos de asistencia, captase a atención de forma inmediata e transmitise capacidade, seguridade e resposta inmediata.

