Posicionamento
As Rías Galegas, principal lugar de extracción da pesca de baixura galega, conta cun posicionamento moi favorable entre os consumidores, que as perciben coma un área moi vencellada á natureza, a gastronomía e a tradición.
As características únicas deste contorno condicionan a propia produción, baseada nun sistema artesanal que explota os recursos pesqueiros a pequena escala, empregando técnicas de extracción selectivas que, a diferencia da pesca industrial, non destrúen o contorno mariño e son coidadosas co producto.
Deste aspecto derivan tres puntos diferenciais que os consumidores asocian directamente coa produción da pesca de baixura galega:
A frescura: A pesca artesanal é unha pesca do día, é decir, os produtos resultan da xornada diaria de pesca. Por isto, este sistema (tamén coñecido como Pesca do día ou Pesca de fresco) contribúe de xeito decisivo a manter a frescura do produto, ó favorecer a súa chegada ao consumidor sen apenas manipulación e no menor tempo posible dende a captura. Esta é unha clara vantaxe do producto galego fronte ao importado, xa que mentras éste ten que sufrir diversas manipulacións e procesos de almacenaxe e transporte máis ou menos prolongados que repercuten nunha perda de calidade, os produtos pesqueiros galegos chegan ao consumidor rapidamente desde a súa captura, mantendo prácticamente inalterable a súa calidade inicial.
O sabor: Trátase do principal aspecto diferenciador do marisco galego fronte a aquel importado de zonas do Norte de Europa ou América, moito máis insípido. O sabor dos mariscos galegos é sabor a mar, a mar batido, osixenado, saudable, aberto ao océano. A consistencia e textura da súa carne é excelente: firme, de sabor delicado, agradable ao padal e á vista. Este sabor ben propiciado tanto polas características propias do entorno natural de procedencia, especialmente as augas batidas e as baixas temperaturas da costa galega, como pola elevada biodiversidade dos ecosistemas costeiros galegos, que posibilitan unha moi variada alimentación do marisco.
Unha oferta completa e variada: Aínda que existen outras alternativas de produtos semellantes procedentes de distintas zonas, ningunha outra se pode comparar ás rías galegas en variadade, calidade e prestixio. Como se pode deducir do exposto, a zona de orixe do produto conta cunha magnífica consideración entre os consumidores, constituíndose nun factor diferencial crítico con capacidade para connotar por sí mesma a excelencia que se lle supón a todos aqueles produtos relacionados con ela.
Comunicación
Ante esta realidade, a Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos decidiu crear unha marca e eslogan que cumpla cos seguintes requisitos:
Identificar os produtos procedentes da pesca de baixura galega.
Diferencialos de produtos semellantes procedentes de outras zonas.
Por outra banda, co fin de acollerse ó programa de subvencións da UE para a creación de marcas identificativas de productos derivados da pesca, constituise coma premisa do proxecto o non emprego da palabra Galicia na construcción da marca.
Neste senso, o termo rías, inevitablemente asociado a Galicia, contribúe a conceder exclusividade e prestixio ó producto, diferenciándo do ofertado por outras zonas. O consumidor sabe que todo producto da pesca, independentemente da súa orixe, é natural e saudable. Sen embargo, tamén é coñecedor do feito de que, dependendo da zona de orixe, o sabor varía e, precisamente por isto, sabe que, aínda que todo o pescado e marisco provén do mar, só o de mellor sabor (o galego) provén das rías. Polo tanto, o lugar de procedencia funciona neste caso coma un selo de garantía que certifica a calidade do propio produto ante o consumidor.

