Posicionamento
O concepto de sostibilidade xorde como resposta á necesidade de garantir o futuro da vida no planeta, propoñendo a compatibilización dos factores ambientais, económicos e sociais na procura dun equilibrio entre o avance socioeconómico e a protección do medio ambiente.
Para logralo, o desenvolvemento sostible promove o uso racional dos recursos naturais, presenvándoos da sua degradación e agotamento, de forma que tamén as xeneración vindeiras poidan recorrer a eles co fin de satisfacer as súas necesidades.
Neste senso, o desenvolvemento sostible non trata de obstaculizar o progreso, se non que, o contrario, trata de aseguralo ó longo plazo, unha tarefa na que resulta determinante a participación coordinada de tódolos axentes sociais.
A Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, consciente desta realidade, lanza o Programa de Núcleos de Desenvolvemento Sostible co obxectivo de fomentar aplicación en entidades locales de acción concretas orientadas ó acadamento dos obxectivos expostos.
Dentro deste programa cobran especial relevancia as Axencias Locais de Desenvolvemento Sostible que, ademáis de funcionar como nexo de unión entre a administración local e a autonómica, son as encargadas de integrar e coordinar tódalas tarefas encamiñadas á consecuón dun desenvolvemento sostible ó traveso dun Plan Integrado de sostibilidade.
Desta forma, prómoves unha actuación a nivel de municipios, por tratárse estos da unidade política máis reducida e próxima ó cidadán, que ten unha participación no proceso fundamental.
Comunicación
A imaxe gráfica desenvolta para identificar o Programa de Núcleos de Sostibilidade Local xorde da premisa que fundamenta todo o proxecto: a necesidade da acadar un equilibrio estable entre o progreso e o respeto polo medio ambiente que, a súa vez, non obstaculice o avance socioecónomico.
Para transmitir estas ideas recurriuse á representación dunha serie de engranaxes que, ademáis de denotar o progreso derivado do funcionamiento dunha maquinaria complexa, incorporan nos seus núcleos os distintos elementos implicados na aplicación das accións orientadas a acadar un desenvolvemento sostible, a saber: axentes sociais, entorno natural e avances tecnolóxicos.
A composición final suxire que, o igual que sucede no interior dun mecanismo de precisión, o movemento de cada peza resulta indispensable para o correcto funcionamiento de tódalas demáis pezas e, polo tanto, da máquina no seu conxunto.
E nesto consiste, o fin e o cabo, o desenvolvemento sostible. Se todos os axentes sociais actúan tendo en conta o entorno natural, garántese o progreso da sociedade, xa que, o mesmo tempo, se está garantindo o futuro dos recursos naturais que o propician.

