Mar de Envero

Ver Portafolio.

Posicionamento

Envero: Fenómeno, que se manifesta en agosto, no que a uva se adoza e cambia de cor, amarelecendo a branca e escurecendo a tinta, proporcionándolle así ao acio o ton característico da maduración.

Ao igual que o envero reflexa un cambio, esta adega quere ser fiel a esta manifestación, elaborando un albariño que expresa as súas características organolépticas de maneira intensa, armónica e nobre. Mar de Envero é un monovarietal que nos seduce, facéndonos vivir un mundo de sensacións: comezando pola sú intensa cor, para abrirse paso a unha nariz que desvela un mimado traballo sobre lías, rematando cun elegante paso por boca, estruturado, untuoso e longo recordo.

Comunicación

Elegante, sobria, moderna.
A imaxe de Mar de Envero pretendía dende o primeiro momento conceder todo o protagonismo ó viño e ás suas características. A partir desta premisa definese unha líña de deseño que permita facerse un lugar nas bodegas dos restaurantes "sen facer ruido" pero provocando a curiosidade.
Esta filosofía e a fidelidade á líña de deseño establecida para o desenvolvemento de tódolos soportes, de entre os cais destaca o estuche / obsequio , é o que permitiu que a imaxe deste viño fora recoñecida como a mellor na categoría de viños brancos nos premios Vinimag 09, concedidos pola prestixiosa publicación especializada Vinos de España.