Posicionamento
Nun mercado que se encontra actualmente en fase de crecemento, a oferta no sector da formación continua en España caracterízase por unha elevada atomización con presenza de numerosos competidores.
No ámbito da comunicación, esta elevada atomización reflexase na reiteración de mensaxes centrados en cifras relativas a alumnos formados, planes de formación xestionados, financiación concedida...
Grupo Femxa é una empresa galega con sede en Vigo que, despois de 10 anos, atópase entre as cinco empresas líderes a nivel nacional, e que ,coincidindo con este aniversario, apostou firmemente por convertirse en lider a curto / medio prazo.
Ademáis da súa expansion a nivel nacional mediante a apertura de oficinas na maioría das principais cidades e a reestruturación das suas líñas de negocios e carteiras de produtos e servizos, esta empresa decidira que tamén era o momento de diferenciarse dos seus competidores adoptando unha nova estratexia comunicativa.
Comunicación
Os verdes, como se lles coñecía no sector da formación pola súa característica cor corporativa mantida durante 10 anos, querían facer saber ós seus competidores e ós seus clientes que a súa aposta de expansion e posicionamento obxectivo era decidida e diferenciadora, sen esquecerse de que a formación seguía sendo o eixo sobre o que seguía centrada a súa oferta.

