Posicionamento
O imparable desenvolvemento das Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC) deriva en profundos cambios sociais que non pasaron desapercibidos aos gobernos, plenamente conscientes de se encontrar ante un desafío que lles obriga a actualizarse para manter o ritmo.
Todos estes cambios, sumados á crecente desidia do cidadán para cos aspectos relacionados co goberno, propiciaron o inicio dun proceso polo que as administracións públicas se propoñen cambiar radicalmente o tipo de relación cos cidadáns, evolucionando dende un esquema administración-administrado cara un modelo de oferente-demandante de servizos.
Xorde así un novo escenario, no que un concepto se erixe como a clave de todo o proceso. Trátase do e-Government, cuxos principais sinais de identidade son a irrupción e incorporación masiva de novas tecnoloxías,o incremento na esixencia de calidade e a estruturaciónde novos servizos públicos.
Comunicación
Na Administración Pública, a función de comunicar é un constituínte esencial da súa propia actividade: a de prestar servizos á sociedade. Por esta razón resulta aínda máis necesario que se traballe cunha perspectiva global. Os seus eixos primeiros pasan por unha estratexia xeral e compartida pola organización, así como pola coherencia dos sentidos transmitidos desde a Institución (cultura corporativa).
Asumida a necesidade de efectuar un acercamento ao cidadán, a Consellería de Economía e Facenda debe aceptar o reto de conseguir comunicarse de forma fluída con todos os seus usuarios, independentemente do seu perfil e do soporte no que se recolla a súa mensaxe, falando sempre cunha lenguaxe directa, carente de tecnicismos, nun tono sinceiro capaz de captar a complicidade do receptor.

