A educación sin límites

Ver Portafolio.

Posicionamento

A realidade actual fai necesarias respostas coherentes aos continuos avances que se producen na sociedade do coñecemento, respostas capaces de aproveitar ao máximo todos os recursos que a tecnoloxía nos proporciona para acceder á información. Sensible a esta realidade, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia presenta unha resposta eficaz e coherente coa situación actual: o Portal Educativo.

O Portal Educativo é unha ferramenta dirixida a toda a comunidade educativa: Administración, profesorado, alumnado, familias, centros e empresas. Engloba e ofrece multitude de recursos e contidos accesibles desde calquera lugar e en calquera momento, permitindo que se realicen todas as xestións académicas e administrativas dunha forma moderna, eficaz e simple. Sen dúbida, o Portal Educativo representa a superación de todos os límites á hora de acceder á información, posibilitando un fluxo comunicativo áxil, continuado e interactivo entre os usuarios.

Comunicación

O slogan A educación sen límites reflicte a aposta decidida da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria polo uso das novas tecnoloxías, a amplitude do proxecto e a importancia da educación para a actual Administración. Neste sentido, A educación sen límites é unha idea que permite ser desenvolvida e aplicada tanto neste proxecto, o Portal Educativo, como noutros relacionados, tal e como foi o proxecto de dotar de correo electrónico todos os actores implicados, actuación que se transmitiu á súa vez baixo o slogan A Mensaxería sen Límites.