Posicionamento
O Centro Superior de Hostalería de Galicia está integrado en Turgalicia, Sociedade de Imaxe e promoción turística de Galicia. É unha sociedade de capital mixto participada pola Xunta de Galicia e por empresas do sector turístico.
Co obxectivo de formar futuros profesionais dentro das áreas de elaboración e xestión de cociña, xestión de empresas hostaleiras e dirección de empresas hostaleiras, a formación integral é o eixe sobre o que se sustenta a metodoloxía de traballo en todas as súas titulacións. Unha formación que integra o mundo laboral e o docente, a práctica e a teoría, o alumnado co profesorado, as técnicas de xestión empresarial e a operativa diaria do negocio. Un proxecto profesional dentro do modo de vida persoal.
Comunicación
Desenvolvemento de materiais de apoio á captación de alumnos acapara unha parte importante da actividade en comunicación. O futuro alumno debe tomar unha decisión que implica un importante desembolso monetario, e este desembolso debe percibirse como investimento. O ton informativo predomina en todos os soportes: Internet, medios impresos e material publicitario de apoio ás vendas.

