O novo sentido da reciclax

Ver Portafolio.

Posicionamento

Unha empresa nova nun mercado en fase de introdución. O público obxectivo non ten referentes e necesita coñecer perfectamente en que consiste unha oferta que reúne reciclaxe de residuos e produtividade agrícola. Agroamb é unha das empresas galegas pioneiras na valorización de residuos mediante a súa utilización como fertilizante agrícola e forestal.

Nos seus inicios resultou indispensable gañar a confianza dun público que descoñecía a actividade realizada pola empresa e as súas posibles aplicacións, especialmente no caso dos agricultores, xa que para as empresas xeradoras de residuos orgánicos os beneficios que lles supoñía retiralos eran evidentes.

Para gañar esa confianza, o público debía percibir a empresa como unha iniciativa pioneira, baseada na investigación científica e que traballaba buscando o beneficio de todos sen o prexuízo de ningún.

Así definía Agroamb a súa misión: mellorar a calidade medioambiental do noso contorno, facendo partícipes os nosos clientes do noso entusiasmo.

Comunicación

A misión de Agroamb contemplaba unha novidosa maneira de entender a reciclaxe; o que nun proceso produtivo era considerado un output residual e problemático convértese nun input de alta calidade e idoneidade para outro proceso.

Por isto e por ser unha empresa nova, O Novo Sentido da Reciclaxe era a idea que se tiña que transmitir, e debíase facer dun xeito diáfano, proporcionando toda a información posible co rigor que isto exixía.