AEGA

Ver Portafolio.

Historia

Nove grandes empresas do audiovisual galego constitúen en 2001 a Asociación de Empresas Galegas do Audiovisual.

Coa intención de impulsar un sector considerado estratéxico, fixan como obxectivos os de fortalecer a relación entre os asociados, velar polos seus intereses nos pertinentes foros e desenvolver a súa promoción a nivel nacional e internacional.

É precisamente no ámbito da promoción onde o catálogo de produtoras e produtos se constituíu nunha importante ferramenta de comunicación e de apoio á venda.